domingo, 24 de noviembre de 2013

GALILEO GALILEI


Este cientifico demostraba que la fuerza es igual a la masa por la aceleracion.Cada accion tiene como resultado una reaccion igual pero opuesta,no obstante este connocimiento queda aislado de la parte mas reciente del encefalo.
La caida de un objeto es proporcional a su peso,cuanto mas pesada sea la piedra antes llegara al suelo,y cuanto mayor sea la fuerza con la que se empuje antes llegara a su destino
Galileo fue el mas elocuente defensor del sistema heliocentrico que habia propuesto copernico,pero nunca acepto el descubrimento de Keppler: que los planetas se mueven describiendo elipses,el creia que las orbitas tenian que ser circulos perfectos.Estudiaba el movimiento de los objetos simples y mundanos.
Uno de sus experimentos mas relevantes fue el que realizo en la torre de pisa,una bala de cañon de casi 50k de peso y una bala de mosquete de apenas medio kilo se dejara caer simultaneamente al suelo y llegarian al mismo instante.Necesitaba un experimento en el que la bola cayera mas despacio y que por lo tanto sea mas facil de observar.
Otro experimento fue el que descubro el cientifico Drake,dejar caer la bola desde lo alto del tablon inclinado y observa que recore una distancia de 33 puntos,despues,la bola con mas velocidad recorio 130 puntos y asi iba aumentando poco a poco
Quedaba por resolver de que modo galileo habia hecho para medir el tiempo con tanta precision puesto que trabajaba con intervalos de menos de un segundo.Drake llego a la conclusion de que solo se precisaba una forma de dividir el tiempo en fracciones iguales y ese es un talento que domina cualquier buen musico

Pierre Duhem


afirmou que "toda lei física é unha lei aproximada; polo tanto, seguindo a lóxica estrita, non pode ser nin verdadeira nin falsa; calquera outra lei que represente as mesma experiencias coa mesma aproximación pode pretender, con tanto dereito como a primeira, o título de lei verdadeira, ou, para falar máis exactamente, de lei aceptable". Aínda así, Duhem opinaba que a medida que a ciencia avanza, vaise achegando progresivamente a unha descrición máis fiel da natureza.

Ernst Mach


xerceu, co seu empiriocriticismo, unha gran influencia que preparou o nacemento do Círculo de Viena. Mach desenvolveu unha filosofía de orientación empirista centrada nos conceptos e métodos da ciencia. Esta debe estudar só as aparencias (os fenómenos), de forma que intentar estudar algo que non se nos presenta directamente aos sentidos é facer metafísica. Coherente coas súas ideas filosóficas, Mach opúxose ata o final á nova teoría atómica, cuxo obxecto é inalcanzable á experiencia

Algúns conceptos clave da filosofia da ciencia


LEI CIENTÍFICA: Enunciado de forma universal que expresa relacións constantes entre fenómenos naturais, ou feitos, ou propiedades de cousas, e cuxa verdade foi suficientemente contrastada pola experiencia e a observación. En filosofía da ciencia discútese amplamente sobre formulacións rigorosas do concepto de lei científica. Normalmente relaciónalla co concepto de explicación científica, que se considera obxectivo fundamental de toda ciencia.
TEORÍA CIENTÍFICA: Conxunto de enunciados ordenados sistematicamente, (xeralmente leis científicas), que poden someterse a contrastación e por cuxo medio é posible a explicación e a predicción dos fenómenos da natureza. As teorías xorden da necesidade que ten o coñecemento humano de ir máis aló dos simples datos, ou feitos, inmediatos da experiencia e das meras xeralizacións empíricas para poder comprendelos e interpretalos.
HIPÓTESE: (do grego hypóthesis, do verbo hypotíthemi, pór debaixo: proposta, suposición) É unha suposición, ou un suposto, con miras a explicar algo. Referida á ciencia, é unha xeralización ou enunciado xeral que, en principio, supón unha interpretación de determinados feitos, e que adoptamos transitoriamente como verdadeira mentres a sometemos a confirmación ou refutación.
PARADIGMA: (do grego parádeigma, exemplar, modelo, exemplo). É a noción central da filosofía da ciencia de Th. Kuhn. A ciencia non é meramente un sistema teórico de enunciados que se desenvolven na mente dos individuos que se dedican a ela, senón que é unha actividade que leva a cabo unha comunidade de científicos, nunha época determinada da historia e en condicións sociais concretas. O desenvolvemento histórico da ciencia supón a existencia dun «paradigma», que Kuhn define como un conxunto de crenzas, valores e técnicas compartidos por unha comunidade científica.
CONTRASTACIÓN: (en inglés, testing) Conxunto de operacións, teóricas e experimentais, por medio das cales ponse a proba unha hipótese científica ou dunha teoría. Obedece á idea de que só a concordancia cos feitos xustifica unha hipótese ou unha teoría. Os seus posibles resultados son a confirmación ou a refutación.
FALSACIÓN: Procedemento metodolóxico para determinar se unha teoría, unha hipótese ou un enunciado son falsos. Unha teoría ou unha hipótese considérase falsada se resulta falsa unha das súas consecuencias.
VERIFICACIÓN: (do latín verificare, presentar como verdadeiro) É a comprobación da verdade dunha hipótese científica empírica. Nun sentido amplo, consiste no proceso de buscar probas en que apoiar a verdade dunha hipótese. No método hipotético-deductivo, e en sentido máis restrinxido, é o proceso de confirmación dunha hipótese ou dunha consecuencia lóxica deducida dela, coa intención de determinar a verdade da mesma.
REFUTACIÓN: Un dos dous posibles resultados, xunto coa verificación ou confirmación, na contrastación de hipótese. Unha hipótese é refutada ou negada cando é incompatible ou contraditoria cos feitos. É o contrario de verificación.
AXIOMA: (do grego axíoma, estimación, de axios, digno) ou POSTULADO. Enunciado ou proposición inicial dun sistema deductivo, non demostrada dentro do mesmo sistema, que se toma como punto de partida da demostración de calquera teorema do sistema.
TEOREMA: (do grego, theórema, o que se pode contemplar cos ollos ou co entendemento) Termo propio das ciencias matemáticas, que designa unha conclusión demostrada a partir de axiomas, ou postulados, e definicións. En lóxica, o enunciado que a modo de conclusión demóstrase por deducción a partir dun conxunto baleiro de premisas. É, xa que logo, unha verdade lóxica, unha verdade necesaria.
MÉTODO: (do grego méthodos, procura, investigación, de metá, cara a, e odós, vía, camiño) Segundo a etimoloxía, camiño que debe ser percorrido para chegar a un punto ou resultado, ou modo de facer unha cousa. En xeral, é o xeito de proceder racional para lograr un fin determinado, non só escollendo os medios convenientes, senón tamén póndoos en práctica segundo unha orde razoada, adecuado e consecuente, que se expresa mediante regras ou normas. O fin ou obxectivo que se quere obter, mediante un método, non ha de ser necesariamente científico, pero unha das características fundamentais do coñecemento científico é que se trata dun coñecemento metodolóxico.
MÉTODO HIPOTÉTICO-DEDUCTIVO: Método científico, propio das ciencias fácticas e oposto ao inductivismo, que sostén que as hipóteses científicas non se derivan da observación, senón que son producto da creatividade humana, que mediante elas intenta achar a solución a un problema. O recurso á experiencia só é necesario para a contrastación da hipótese, deducindo dela unha conclusión en forma de enunciado observacional, que se compara cos feitos. Os defensores deste método sosteñen que representa, tamén na ciencia, o modo común de razoar. Os seus pasos característicos son: formulación dunha hipótese, deducción dun enunciado observacional, contrastación do enunciado para determinar se se produce unha confirmación ou unha refutación da hipótese.
DEDUCCIÓN: (do latín deductio, acción de derivar ou facer descender, conducción; corresponde aos aristotélicos, apagogé, e apódeixis) Operación mental, chamada inferencia, pola que afirmamos a verdade dun enunciado partindo da verdade de enunciados coñecidos. Unha deducción toma a forma expresa dun razoamento, ou secuencia de fórmulas que ou son axiomas, ou teoremas, ou premisas ou fórmulas derivadas doutras mediante regras de inferencia.
INDUCCIÓN: (do latín inductio, acción de conducir, introducir, que traduce o grego epagogé, derivado de epagein, conducir, levar) Nun sentido xeral, xa desde a antigüidade clásica, encerra a idea de dirixirse un mesmo ou dirixir aos outros cara a un concepto xeral ou cara a unha verdade universal, a partir de casos menos xerais ou universais. Na práctica supón crer que do coñecemento dos feitos, directamente coñecidos que cumpren unha mesma propiedade, podemos pasar ao coñecemento de hipótese, leis ou teorías xerais. A inducción pode ser completa e incompleta.

Robert K.Merton


Robert K. Merton considérase o fundador da socioloxía da ciencia nos anos corenta, logo moi influída polos traballos de Kuhn, 'A estrutura das revolucións científicas', 1962 e 1969. A achega básica para a filosofía da ciencia foi introducir o termo paradigma como supostos teóricos xenerais: leis máis técnicas nunha comunidade científica determinada, onde un antigo paradigma é total ou en parte substituído e chámase revolución científica este proceso e o cambio non é de forma acumulativa, senón paradigmático. O capítulo IX desenvolve os conceptos. A primeira edición foi ampliada en 1969 e así é a primeira edición en español.
A primeira socioloxía distinguía uns factores internos da propia ciencia (metodoloxía, obxectivos, etc.) que eran independentes doutros factores externos (sociolóxicos, políticos, etc.) non pertencentes á ciencia. Pero a socioloxía da ciencia actual prescinde desta distinción. David Bloor e Barry Barnes son os principais expoñentes. Afirman que os científicos son persoas que se poden ver tan afectadas polos factores sociolóxicos que debemos pensar que todas as crenzas son igualmente problemáticas.

lunes, 18 de noviembre de 2013

¿que é a filosofia da ciencia?


A filosofía da ciencia é a investigación sobre a natureza do coñecemento científico e a práctica científica. Ocúpase de saber como se desenvolven, avalían e cambian as teorías científicas, e de saber se a ciencia é capaz de revelar a verdade das entidades ocultas e os procesos da natureza. Son filosóficas as dúas proposicións básicas que permiten construír a ciencia:
* A natureza é regular, uniforme e intelixible.
* O ser humano é capaz de comprender a natureza.
Estes dous supostos metafísicos non son cuestionados na actualidade. O que intenta a filosofía da ciencia é explicar cousas como:
a) a natureza e a obtención das teorías e conceptos científicos;
b) a relación destes coa realidade;
c) como a ciencia explica, predicir e controla a natureza;
d) os medios para determinar a validez da información;
e) a formulación e uso do método científico;
f) os tipos de razoamento utilizados para chegar a conclusións;
g) as implicacións dos diferentes métodos e modelos de ciencia.

convocatoria 2015 para ingresar a la maestria y al doctorado

El Programa de Posgrado en Filosofía de la Ciencia, convoca a todos los interesados nacionales y extranjeros a participar en el proceso de selección para ingresar a la
  1. Maestría en Filosofía de la Ciencia (duración de 4 semestres) en alguno de los siguientes tres campos de conocimiento: Filosofía de la Ciencia (FC), Filosofía de las Ciencias Cognitivas (FCC), Filosofía de las Matemáticas y Lógica de la Ciencia (FMLC) o al
  2. Doctorado en Filosofía de la Ciencia (duración de 8 semestres) en alguno de los siguientes campos de conocimiento: Filosofía de la Ciencia (FC), Historia de la Ciencia (HC) Comunicación de la ciencia (CC), Filosofía de las ciencias cognitivas (FCC), Filosofía de las matemáticas y lógica de la ciencia (FMLC), Estudios Filosóficos y Sociales sobre Ciencia y Tecnología (EFSCT).